lunes, 1 de marzo de 2010

Brave New World.


Éste título pertence ó libro que lin este ano tanto para Inglés coma para Filosofía da ciencia e a tecnoloxía, esta evaluación que ven esmerareime un pouco máis e lerei algún outro libro propio da asignatura.
O título en castelán significa "Un mundo feliz", ou literalmente "Valiente mundo nuevo".
Trátase dun libro bastante breve, en inglés tan só ten 72 páxinas, escrito por Aldous Huxley, un home que naceu o 26 de xullo de 1894 en Godalming, condado de Surrey, preto de Londres, no seo dunha familia inglesa intelectual. O seu avó por parte paterna foi o prestixioso biólogo británico Thomas Henry Huxley; o seu pai, Leonard Huxley, tamén foi biólogo e dirixiu a revista Cornhill Magazine; a súa nai, Julia Arnold, foi unha das primeiras mulleres en estudar en Oxford, era neta de Matthew Arnold e irmá de Mrs. Humphrey Ward, quen protexeu a Aldous cando morreu a súa nai.
Tivo tres irmáns propios (é dicir, fillos da súa nai): Julian, Trevenan e Margaret Huxley.
Aldous tivo educación na máis prestixiosa das escolas británicas da época. Ós 16 anos sofre queratitis punctata, oque lle deixou case cego 18 meses. Pasado o tempo coñece ás teorías do doutor W.H. Bates, as cales porá en práctica e recuperará visión.
En 1912 o seu pai volveu a casar, e tivo outros dous fillos. Dous anos despois o seun irmán suicidarase debido a unha depresión.Tamén debido a que non vía ben comezou a estudar literatura.
En 1919 casa con Marie Nys, belga. Posteriormente vivirían en Londres e terían un só fillo, Matthew. Nese mesmo ano pasou a formar parte da revista Athenaeum, e un ano máis tarde na revista Westminster Gazzette. Nestas a súa actividade era: facer críticas dramáticas, de arte e de música; e facer reseñas de libros e ensaios diversos.

En 1920 publicou a súa primeira obra en prosa, que foi Limbo, un libro de contos. Despois seguirña publicando outros libros.

En 1921 el e a súa esposa trasladanse a Italia, onde comeza a escribir Os escándalos de Crome, a súa primeira novela.

En 1928 marcharon cara Francia, do 21 ó 28 fixo varias viaxes e publicou varios libros, pero non se quedaron durante moito tempo. Durante esta estancia fixo unha viaxe a España para ver o Museo do Prado, de Madrir, e para asistir a un Congreso de Cooperación Intelectual, de Barcelona. Finalmente fixo un recorrido por toda España.

En
1932 escribe a obra que lle faría máis famoso, Brave New World.
En 1955, tras moitas viaxes e publicacións, morre a súa esposa Marie de cancro, acompañada en todo momento polo seu marido. Despois desta morte decide facer unha viaxe por Arizona, Texas, Flo
rida, Carolina e finalmente Nova York. Tras só un ano da morte da súa primeira esposa casa en Arizona con Laura Archera, unha fisioterapeuta italiana. Despois de se casar trasladanse a Hollywood. Durante algúns anos publicou ensaios, e inicia longas viaxes.
O 12 de maio de 1961 un incendio destrue a sua casa en Hollywood, no que perde as súas pertenzas, case non puido rescatar ningún obxecto, coma o manuscrito da súa obra Island, que se considera como a contraparte de Brave New World.

En 1960 diagnosticáronlle un tumor que a base de radioterapio logra conter dou anos. Finalmente o 22 de novembro de 1963 (morte tamén de John F. Kennedy), morre ós 69 anos de idade.

Aldous Huxley era un intelectual, que tiña un pensamento aberto, que se interesou porlo misticismo, a paz, a ciencia, a conservación dos recursos naturais, etc.


Despois desta biografía do autor vou a comentar brevemente o libro:
En Brave New World falannos dun mundo completamente diferente ó noso, a cultura, a forma de vida, os costumes, todo é distinto.
Ó principio do libro se nos conta que eles toman coma data incial non o nacemento de Xesús, senón a data de cando Henry Ford inventou o primeiro coche a motor. De feito diríxense a Ford coma se fose o seu deus.
Nos primeiros capítulos aparecen un grupo de rapaces que están visitando unha instalación moi avanzada na que se crean humanos en masa, se lles ensina os bebés con novas tácticas (con pequenas descargas), se lles ensina ás personas pola noite mediante cintas, etc.
En concréto neste libro se indaga na relación de dous personaxes, dunha enfermeira (Lenina) e da súa relación con tres homes (Henry, Bernard e un indio) . Nun principio esta muller está con Henry (que según esta nova concepción da sociedade era un dos da clase alta), pero só esta con el, e iso é algo que non se tolera na nova cultura, debido a que tanto homes e mulleres tiñan que estar con varias homes ou mulleres á vez, non se aceptaba a monogamia. Despois aparece Bernard (que é de clase alta, pero parece de clase baixa polo seu físico), que quere levar a Lenina a unha reserva natural de México, para levala tiña que pedirlle permiso ó Director, e cando o fai este llo da de mala gana e tamén lle conta una historia relacionada con esa reserva (el tamén habia levado alí a unha muller, pero esta se perdera). Un día lle pide a Lenina que o acompañe á reserva natural e ela acepta, pero ó ir non o pasa precisamente ben, aínda que alí coñece a un indio, que se da a casualidad de que é o fillo da muller que o Director había perdido cando fora a reserva. A Lenina lle gusta moito e o intenta conquistar, chega a conquitalo, pero a concepción de amor deste e a de Lenina son opostas polo que ó final a historia non remata ben.

Non me lembro ben do libro, pero máis ou menos a historia era así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario