viernes, 9 de octubre de 2009

Enerxía nuclear.

A enerxía nuclear procede de reaccións de fisión ou fusión de átomos nas que se liberan xigantescas cantidades de enerxía que se usan para producir electricidade. O combustible que se utiliza para producir esta enerxía é o uranio, que se encontra na natureza en cantidades limitadas (recurso NON renovable).
·Comezo:No 1956 puxose en marcha, en Inglaterra, a primeira planta nuclear xeradora de electricidade para uso comercial.Ao principio a enerxía nuclear foi acollida con entusiasmo, pero xa nas décadas dos 70 e 80 a sociedade comezou a rexeitar esta idea, polo risco que se corría no caso de que lle producise un accidente e polos residuos nucleares.
·Proceso:O uranio que se usará no reactor, prepárase en pequenas pastillas de dióxido de uranio (cada unha contén enerxía equivalente a unha tonelada de carbón), que se pon en varetas para logo introducirse no reactor.O núcleo dun átomo de uranio é bombardeado por neutróns e rómpese dando lugar a dous átomos e liberandose dous ou tres neutróns que inciden sobre outros átomos de uranio, que viran a romperse, orixinandose unha reacción en cadea e liberando gran cantidade e enerxía.Esta enerxía ísase na central para converter auga en vapor, e que este mova unhas turbinas para xerar electricidade.
·Unha central nuclear consta de catro partes:
-Un reactor no que se produce a fisión.
-Un xerador de vapor no que a calor producida pola fisión ísase para facer hervir auga.
-Unha turbina que produce electricidade coa enerxía contida no vapor.
-Un condensador no que lle enfría o vapor, convertendoo en auga líquida.
·Argumentos a favor da enerxía nuclear:
-É unha enerxía limpa, non provoca emisións.
-É económica.
-Produce unha gran cantidade de enerxía.
-É segura.