viernes, 26 de febrero de 2010

Hipótese Gaia e Avatar.

En 1969, o investigador británico James Lovelock publicou unha hipótese, a hipótese Gaia. A hipótese foi chamada así pola deusa da mitoloxía grega Gaia (Gea/Gaya), quen personifica á Terra; os gregos considerábana como unha Deusa Nai ou Gran Deusa.

A hipótese considera que a Terra é un ser vivo que crea o seu propio hábitat, que posúe unha biosfera que se encarga de xerar, manter e regular as súas propias condicións ambientais. Isto desbancaba por completo a teoría de Darwin da evolución, que considera como motor da evolución a adaptación dos seres vivos ao medio ambiente.

Lovelock presentou a súa hipótese en Princeton, Estados Unidos, e os científicos non lle prestaron excesiva atención, posto que non crían que a Terra puidese ser un superorganismo no que, a través de procesos fisicoquímicos, toda a materia viva inteactuará para manter unhas condicións de vida ideais. Entón a hipótese Gaia quedou apartada ata hai pouco tempo.As bases desta hipótese explicábanse con interrogantes sobre a supervivencia, equilibrio e autorregulación do planeta mesmo.Logo desta breve explicación sobre a hipótese Gaia, vou proceder á comparación desta coa película xa citada anteriormente, Avatar.
James Cameron fixo un gran traballo ao adaptar para todos os públicos a hipótese Gaia, e así dala a coñecer a todo o mundo.
Ao longo da película observamos como esa tribo indíxena, os Na'vi, están infinitamente relacionados coa natureza, e como aos poucos Jake Sully (o protagonista) vai entendendo esa concepción da natureza, a concepción de que todos os seres vivos están interrelaccionados, e que ningún debe morrer, a non ser que sexa pola propia supervivencia da especie. Os Na'vin carecen de calquera tipo de innovación tecnolóxica, e non a necesitan dada esta concepción da natureza. Na película Jake di unha frase que é unha referencia directa á hipótese Gaia: "tento comprender a profunda conexión que ten o pobo co bosque, ela (referíndose a Neytiri) fala dunha rede de enerxía que flúe a través de todos os seres vivos. Di que toda a enerxía é só un préstamo que algún día hai que devolver."

A coleta que levan os Na'vi non é simplemente unha coleta senón que é realmente un sistema intrincado de zarcillos neurales que poden conectarse con estruturas similares doutras formas de vida. Este vínculo (Tsahaylu) permite aos Na'vi sentir os sinais enerxéticos e cinéticas transmitidas por criaturas, plantas e ata a Lúa. Isto tamén lles permite acceder á rede neural que envolve á Lúa e polo tanto, á sabedoría colectiva de toda a vida de Pandora (o seu planeta). Utilízana a diario para conectarse con animais que son esenciais para o éxito e a protección do clan.

Avatar mostra tamén a situación que están vivindo algunhas tribos indíxenas na realidade, algúns exemplos son:
·Un membro da tribo Penan, na illa de Borneo (Malaisia) , dixo a Survival que, do mesmo xeito que os Na'vin, tribo que protagoniza a película de James Cameron, non poden "vivir sen o bosque" porque o bosque "coida á tribo e a tribo cóidalle a el. As compañías madeireiras están tallando as nosas árbores e contaminando os nosos ríos e os animais que cazamos están morrendo, así que choramos polo noso bosque como o fan os Na'vi".
·Jumanda, da tribo dos Bushman, describiu unha situación similar: "os Bushman fomos os primeiros habitantes do sur de África e, con todo, agora négannos os dereitos sobre a nosa terra. 'Avatar' reflexa o que nos está pasando" .
·Do mesmo xeito, Davi Kopenawa, coñecido como o "Dalai Lama do Bosque" , denunciou que o seu territorio está sendo "invadido" pola industria mineira, o que ameaza o equilibrio no que a súa tribo, os Yanomami, convive coa terra desde tempos inmemoriais.

Na gala de entrega dos Globos de Ouro, Cameron recordou que a súa película manda unha mensaxe: "todo está conectado, entre nós e coa Terra" .
A hipótese Gaia tamén a podemos atopar en xogos como os Final Fantasy VII e IX, algúns dos nomes dos personasjes de Yu-Gi-Oh! conteñen o termo Gaia (Gaia The Fierce Knight, Gaia Knight, the Force of Earth, Evil Hero Dark Gaia, etc...), os Gormiti representan a auga, o aire, a terra, o lume e o bosque, etc...

Yu-Gi-Oh! :

Gormiti:

Páxina para ver Avatar online: http://www.cinetube.es/peliculas/online3/avatar.html
Sen dúbida vese moitísimo mellor no cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario