jueves, 4 de febrero de 2010

Elabora o teu propio xornal.

Grazas ó xornal o País os estudantes poden elaborar o seu propio xornal. Este xornal estará composto por unha portada e cinco seccións: Sociedade e Cultura, Deportes, Medio Ambiente, A túa Contorna e Tema Libre. O plazo de publicación será ata o 9 de abril de 2010, ás 15:00 horas.
Cada un dos profesores que se inscriban neste proxecto, recibirá un pack de Benvida online e deberá reunir un equipo de traballo cos seus alumnos. O pack de Benvida está formado por material de orientación moi útil para elaborar o voso xornal dun xeito sinxelo e eficaz desde o principio e é online, co fin de axilizar o proceso e de que accedades fácil e rapidamente a calquera contido que necesitedes para podervos pór a traballar canto antes.

Regras:
Cada equipo pode ter rexistrados un máximo de 30 alumnos/as, ademais do profesor. Cada profesor pode formar ata cinco equipos distintos. Os alumnos deberán darse de alta e logo o profesor rexistraraos no seu equipo. A participación é voluntaria e gratuíta.

Pasos a seguir:
1. Asignar as tarefas: o profesor coordina, os deseñadores maquetan as páxinas, os redactores escriben os artigos, os fotógrafos e ilustradores achegan os contidos gráficos e o corrector revisa a ortografía e a gramática.
2. Fixar un calendario de traballo para planificar as tarefas e chegar a tempo á publicación.
3. Convocar unha reunión para organizar como ides empezar a traballar e establecer un calendario de reunións periódicas para coordinar a elaboración do voso xornal.
4. Entrar en contacto coa ferramenta de maquetación para familiarizarvos con ela.

O que necesitaredes:
1. As dúas claves de acceso ao sistema que recibistes na dirección de e-mail que indicastes ao rexistrarvos: número de carné de xornalista e contraseña.
2. Un ou máis ordenadores con acceso a Internet.
3. Unha sala ou aula para as reunións de traballo.
4. Un escáner (opcional).
5. Unha impresora DIN A3 de branco e negro ou cor (opcional).

Premios:
O País dos Estudantes recompensará con máis de 90.000 euros en premios e agasallos a colaboración dos centros, o esforzo dos profesores e a entusiasta achega dos alumnos participantes. Publicar ten que ser nunha prioridade para todos os equipos, por este motivo, premiamos a quen o fagan. A publicación pode ser:
-Parcial: consiste en facer públicas a portada máis dúas seccións como mínimo dunha páxina e un máximo de dous.
-Total: consiste en facer públicas a portada máis cinco seccións como mínimo dunha páxina e un máximo de dous.
Dependendo do tipo de publicación se poden obter uns premios ou otros.

A páxina a que se debe acceder para rexistrarse e traballar é: http://estudiantes.elpais.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario