viernes, 18 de diciembre de 2009

O Nadal.


As festas de Nadal proponse celebrar o nacemento de Xesucristo en Belén.
Esta festa celébrase o 25 de decembro pola Igrexa católica, a Igrexa Anglicana, algunhas outras Igrexas protestantes e a Igrexa Ortodoxa Romanesa; e o 7 de xaneiro noutras Igrexas Ortodoxas que non aceptaron a reforma feita ao calendario juliano, para pasar ao noso calendario actual.

Con todo, como nos Evanxelios non mencionan datas, non é seguro que Jesús nacese ese día.

Orixes das festividades:

A festa pagá máis estreitamente asociada co Nadal que se celebra na actualidade era o Saturnal romano, o 19 de decembro, en honra de Saturno, deus da agricultura. Os romanos celebraban durante sete días con ruidosas festas e grandes banquetes. Na mesma data celebrábase no Norte de Europa unha festa de inverno similar, coñecida como Yule. Pero a diferenza das conmemoracións romanas, os nórdicos honraban aos deuses para conseguir que o Sol brillase con máis forza, queimando grandes troncos adornados con ramas e cintas.

A política da Igrexa primitiva con referencia a estas festividades foi absorber, en lugar de reprimir, os ritos pagáns existentes. Segundo a Enciclopedia Americana, edición 1944, "O Nadal... de acordo con moitas autoridades non se celebrou nos primeiros séculos da Igrexa Cristiá, xa que o costume do cristianismo en xeral era celebrar non o natalicio senón a morte de persoas importantes. A Pascua, instituida por autoridade bíblica no Novo Testamento, é unha conmemoración da morte de Cristo. No século quinto, a Igrexa Occidental deu orde de que fose celebrada para sempre, no mesmo día da antiga festividade romana en honra do nacemento do sol, xa que non se coñecía a data exacta do nacemento de Cristo".

Así o día de Nadal non foi oficialmente recoñecido ata o ano 345, cando por influencia de San Juan Crisóstomo e San Gregorio Nacianzeno proclamouse o 25 de decembro como data da Natividade.

O Nadal de hoxe:

As celebracións do Nadal, como as coñecemos hoxe, comezaron a tomar forma no século XIX. A árbore de Nadal ten a súa orixe en zonas xermanas, logo estendeuse por outras áreas de Europa e América. O costume de cantar panxoliñas, aínda que de antigas orixes, procede fundamentalmente do século XIX. Os cartóns de Nadal empezaron a utilizarse na década de 1870, aínda que a primeira delas imprimiuse en Londres en 1846. A imaxe de Santa Claus, co trineo, os renos e as bolsas con xoguetes, é unha invención estadounidense destes anos, aínda que a lenda de Papá Noel sexa antiga e complexa, e proceda en parte de San Nicolás e dunha figura medieval.

1 comentario:

  1. Moi ben esa lembranza ás orixes e á historia das tradicións, que -en contra do que moitos supoñen- non son "eternas", teñen un momento de arranque non sempre coa mesma intención ou significado que hoxe se lles dá. Noraboa, Nessy.

    ResponderEliminar