viernes, 19 de febrero de 2010

Avatar.

O director, productor e guionista de esta película é James Cameron, que tamen dirixiu films coma Titanic, Terminator I e II, Aliens, o regreso, etc...


Sinopsis:

A película se sitúa no ano 2154. Trata sobre un ex-marine chamado Jake Sully que esta nunha cadeira de rodas, pero que aínda así non perdeu a esperanza e segue loitando. Jake foi recrutado para viaxar a Pandora, onde as corporacións están a extraer un mineral estraño que é a clave para resolver os problemas da crise enerxética da Terra. Realmente non é Jake quen debería estar en Pandora, senon o seu irmán, pero este morreu nunha misión e dado só unha persoa que tivera os mesmos xenes ca el podería empregar o seu avatar, chamaron a Jake. A atmosfera de Pandora é tóxica, polo que se creou o programa Avatar, no cal os humanos "condutores" teñen as súas conciencias unidas a un avatar, un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode sobrevivir no aire letal. Estes corpos están creados xenéticamente de ADN humano, mesturado con ADN dos nativos de Pandora, os Na'vi. Cando Jake está no seu avatar pode volver a camiñar. Recibiu a misión de inflitrarse entre os Na'vi, para gañarse a súa confianza e convencelos de que abandoaran a zona de extracción do mineral e así extraelo de forma pacífica. Jake é aceptado coma membro do clan dos Na'vi e pouco a pouco vaise namorando dunha Na'vi, chamada Neytiri.


Cameron crea un mundo novo, a flora e a fauna están basada nos seres reais, pero son completamente distintas, moito máis fantásticas. Teñen unha razón de ser e existe unha conexión entre todos os seres vivos.

Cameron consegue introducirnos nese mundo, consegue que o vivamos e o sintamos, grazas ós avances técnicos da súa película. Emprega o 3D para darlle profundidade, vida e un senfin de cores.


Avances tecnolóxicos no cine:

-Sistema de captura de actuación: este sensor percibía cada movemento e expresión dos personaxes e convertíaos en datos que logo foron usados polos animadores para ser colocados sobre os personaxes virtuais creados en computadora. É unha técnica que fai os movementos máis fluídos e realistas.

-Simulcam: un sistema de cámaras que permite seguir ou supervisar un personaxe virtual nun ambiente de acción en vivo e en tempo real. Isto tamén lles permite ver como o personaxe interactuará cos fondos que logo serán colocados por computadora.

-Head rake: a maior parte das actuacións dos actores foi capturada cunha cámara especial colocada na cabeza dos actores. Isto permite que o personaxe xerado por computadora teña movemento facial todo o tempo, ata cando non está en planos curtos, o que fai máis crible a súa interpretación.

-Substitución de funcións faciais: cando os cineastas necesitan substituír o diálogo do actor, ou ten que agregar unha nova liña utilízase este sistema. O problema nos filmes tradicionais con estes cambios era que os beizos non sempre correspondían co son e para que non se notase debían usarse trucos como tomas da parte de atrás da cabeza ou algún plano no que non se lle vexan os beizos en pantalla. Xa que o 60% da actuación é tomada dixitalmente, Cameron deseñou un modo de inserir unha nova captura facial de diálogo facial sobre un personaxe existente.

-Sistema de Cámara de 3D de fusión: foi codesarrollado por James Cameron e Vince Pace. Consiste en usar dúas cámaras Sony HDCF950 que filman a mesma escena pero de xeito independentemente (como dous ollos) para crear o efecto 3D stereoscopic en tempo real.


A superproducción de James Cameron logrou recadar, en só 17 días, máis de 1.000 millóns de dólares nos cines de todo o mundo. Tan só en Estados Unidos e Canadá conseguiu 68,3 millóns durante a fin de semana do estreo.
Avatar é a película que máis ganancias obtivo na historia do cine, con 1,840,797,418$

Hoxe, dous meses despois do seu estreo, aínda segue en taquilla.


Lista das nominación ós Oscar 2010 de Avatar ordeadas por categoría:

-Mellor película.

-Mellor director, James Cameron.

-Dirección de arte.

-Cinematografía.

-Mezcla de sonido.

-Audición de sonido.

-Música orixinal, James Horner.

-Edición.

-Efectos visuais.

1 comentario:

  1. Estupendo, Nessy. É moi boa entrada coa indicación das novas tecnoloxías que se empregan na película. Por que non lle introduces algún enlace respecto ás súas posibles significacións ou interpretacións, ou a partir do director, ou ... o que se che ocurra. Noraboa e grazas por esta entrada. Luís.

    ResponderEliminar