martes, 2 de marzo de 2010

Inventos do 2010.

Os dez inventos científicos que prometen mellorar a nosa vida en 2010:

1-A primeira vacina por inhalación, sen agullas, contra o sarampión:
Presentada durante a reunión nacional de ACS, a vacina pasará a ensaio clínico o próximo ano en India, onde a enfermidade aínda afecta a millóns de lactantes e nenos, e mata case a 200.000 cada ano. Os especialistas cren que esta vacina é perfecta para o seu uso en países en desenvolvemento.

2-A casa con «enerxía solar personalizada»:
Os novos descubrimentos científicos apostan por unha enerxía solar «personalizada», á medida de cada consumidor, que será o epicentro dos cambios na produción de electricidade a partir de grandes centrais xeradoras de enerxía a outras moito máis pequenas, como os fogares e comunidades. O método permitiría converter aos consumidores en produtores e ata recargar os nosos coches nos nosos propios garaxes. Unha gran vantaxe para o medio ambiente e que implica un menor gasto.

3-Unha esponxa de «fume conxelado» para limpar as mareas negras:
Científicos de Arizona e Nova Jersey deseñaron un aerogel, un sólido super lixeiro ao que tamén chaman «fume conxelado», que pode servir como esponxa definitiva para capturar o petróleo vertido por accidente ou en catástrofes ao medio ambiente. O aerogel absorbe ata sete veces o seu peso e elimina o petróleo de forma moito máis eficaz que os materiais convencionais.

4-Un nanogenerador para recargar o iPod e o móbil cun xesto da man:
Non sería perfecto poder recargar o móbil ou o reprodutor musical cun xesto da man? Poderíase dicir adeus para sempre aos cargadores. Científicos de Xeorxia traballan nunha técnica que converte a enerxía mecánica dos movementos do corpo ou ata do fluxo do sangue en enerxía eléctrica que pode alimentar unha ampla gama de dispositivos electrónicos sen necesidade de baterías.

5-Unha pintura que mata os microbios:
Investigadores de Dakota do Sur traballan no desenvolvemento dunha pintura anti-microbiana. Non só mata bacterias causantes de enfermidades, senón que actúa contra o moho, os fungos e os virus. Segundo o estudo, trátase da pintura máis «poderosa» ata a data. Pode ser útil en fogares e, sobre todo, en hospitais.

6-Unha vacina producida con planta de tabaco:
Esta nova vacina, única na súa orixe, pode ser utilizada contra o chamado «virus dos cruceiros», causante de diarreas e vómitos e a segunda infección viral máis común en EE.UU. O microbio esténdese como un reguero de pólvora entre liñas de pasaxeiros, escolas, oficinas e bases militares.

7-Unha pílula mensual contra as pulgas das mascotas:
Só unha pílula ao mes e o can ou o gato están libres de pulgas e garrapatas. A pastilla, desenvolvida por científicos de Nova Jersey, parece ser 100% eficaz e sen sinais de efectos tóxicos para os animais.

8-
Unha molécula que mide o arrequecemento global que produce cada produto:
Ata agora, era complicado coñecer que produtos que saen ao mercado son realmente ecolóxicos ou teñen compostos que poden danar o medio ambiente potenciando o arrequecemento global. Unha nova técnica molecular poderá predicir que materiais que van desde produtos químicos utilizados en alfombras a produtos electrónicos contribúen ao arrequecemento.

9-
Un «cóctel de camaróns» para o depósito de fuel:
Científicos chineses traballan nun catalizador fabricado a partir de cascas de camarón que podería transformar a produción de biodiesel nun proceso moito máis rápido, barato e beneficioso para o medio ambiente. De momento, só foi probado en laboratorio.

10-Un nariz electrónico para detectar a enfermidade renal:
Expertos israelís crearon un «nariz electrónico» capaz de identificar no alento 27 sustancias crave que revelan que o paciente sofre unha enfermidade do ril. De momento, foi probado con éxito en ratas de laboratorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario