viernes, 13 de noviembre de 2009

As TIC.

As novas tecnoloxías da Información e Comunicación son aquelas ferramentas computacionais e informáticas que procesan, almacenan, sintetizan, recuperan e presentan información representada da máis variada forma. É un conxunto de ferramentas, soportes e canles para o tratamento e acceso á información. Constitúen novos soportes e canles para dar forma, rexistrar, almacenar e difundir contidos informacionais.
As TIC agrupan un conxunto de sistemas necesarios para administrar a información (especialmente os ordenadores e programas necesarios para convertera), almacenara, administrara, transmitira e encontrara. Os primeiros pasos cara a unha sociedade da información remóntanse á invención do telégrafo eléctrico, pasando posteriormente polo teléfono fixo, a radiotelefonía. A televisión, internet, a telecomunicación móbil e o GPS poden considerarse como novas tecnoloxías da información e a comunicación. A revolución tecnolóxica que vive na humanidade actualmente é debida en boa parte aos avances significativos nas tecnoloxías da información e a comunicación.
Os grandes cambios que caracterizan esencialmente esta nova sociedade son:
-A xeneralización do uso das tecnoloxías
-As redes de comunicación
-O rápido desenvolvimiento tecnolóxico e científico
-A globalización da información.

1 comentario:

  1. Nessy: ben as entradas; pero parece que te estancaches un pouco. Ánimo. Introduce gadgets, traduce as túas entradas,... Desenvolve os temas que che interesen. Luís.

    ResponderEliminar